Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2020

Diego Paz Cobelo

         Chámome Diego Paz Cobelo, nacín o 10 de xullo de 2004 en Ferrol, polo que teño 16 anos. Vivo na Gándara en Narón e as miñas aficións son os deportes e quedar con amigos.

Sinopse Familia Mendoza

      Nesta reportaxe observanse as condicións nas que unha familia guatemalteca ten que saír adiante, esta familia é a familia Mendoza.       A dita familia leva a cabo a súa vida na rexión maya de Chortí nunha zona pobre, tan pobre que os ingresos da familia son de menos de un euro ao día, a zona non está urbanizada e está próxima á fronteira con Honduras. Os habitantes de Chortí intentan emigrar en moitos casos aproiveitando a cercanía coa fronteira e tratando así de atopar unha mellor calidade de vida ou maiores oportunidades laborais, ao emigrar teñen que verse obligados a deixar atrás toda a súa vida anterior á emigración mantendo contacto coa súa familia só para enviarlles diñeiro para que estes non pasen fame.       Os Mendoza sofren de forma notable as carencias económicas da zona, así como as carencias respecto ás infraestructuras ás que se enfrenta Chortí. É posible observalo en máis de unha ocasión durante o video en situacións como a severa desnutrición do pequeno dos Mend

Diego Paz, alumno economía ODS

   ODS , Obxectivos Desenvolvemento Sostible 1. Cales son? Que pretenden e que son?          Son os seguintes: Obxectivo 1: Poñer fin á pobreza Obxectivo 2: Fame e seguridade alimentaria Obxectivo 3: Saúde Obxectivo 4: Educación Obxectivo 5: Igualdade de xénero e empoderamento da muller Obxectivo 6: Auga e saneamento Obxectivo 7: Enerxía Obxectivo 8: Crecemento económico Obxectivo 9: Infraestrutura Obxectivo 10: Reducir as desigualdades entre países e dentro deles Obxectivo 11: Cidades Obxectivo 12: Produción e consumo sostibles Obxectivo 13: Cambio climático Obxectivo 14: Océanos Obxectivo 15: Bosques, desertificación e diversidade biolóxica Obxectivo 16: Paz e xustiza Obxectivo 17: Alianzas         Que son,que pretenden? Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ( ODS ) son 17 retos cuxo fin é erradicar a pobreza, protexer o planeta e garantir que todos as persoas do mundo sen distinción gocen de paz e prosperidade. A axenda ofrece unha oportunidade única para poñer ao mundo camiño