Diego Paz, alumno economía ODS

  ODS , Obxectivos Desenvolvemento Sostible


1. Cales son? Que pretenden e que son?

        Son os seguintes:

      Que son,que pretenden?

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) son 17 retos cuxo fin é erradicar a pobreza, protexer o planeta e garantir que todos as persoas do mundo sen distinción gocen de paz e prosperidade. A axenda ofrece unha oportunidade única para poñer ao mundo camiño a un desenvolvemento máis próspero e sostible.

 Estes obxectivos interrelaciónanse entre si e incorporan os desafíos globais aos que nos enfrontamos día a día, como a pobreza, a desigualdade, o clima, a degradación ambiental, a prosperidade, a paz e a xustiza. Para non deixar a ninguén atrás, é importante que logremos cumprir con cada un destes obxectivos para 2030.

Obxectivo nº 1 (erradicar a pobreza do mundo)

A nivel mundial, o número de persoas que viven en situación de extrema pobreza diminuíu desde un 36 % en 1990 ata un 10 % en 2015. Con todo, o ritmo ao que se produce este cambio está a diminuír, e a crise da COVID-19 pon en risco décadas de progreso na loita contra a pobreza. Máis de 700 millóns de persoas, ou o 10 % da poboación mundial, aínda vive en situación de extrema pobreza a día de hoxe, con dificultades para satisfacer as necesidades máis básicas, como a saúde, a educación e o acceso a auga e saneamento, por nomear algunhas. De feito, o 8 % dos traballadores de todo o mundo, e as súas familias, vivían en situación de extrema pobreza en 2018.

DATOS DESTACABLES

Uns 783 millóns de persoas vive por baixo do limiar de pobreza internacional, con 1,90 dólares diarios.
En 2016, menos do 10 por cento dos traballadores de todo o mundo vivían coas súas familias con menos de 1,90 dólares diarios por persoa.
No mundo existen 122 mulleres, entre os 25 e 34 anos, que viven en extrema pobreza por cada 100 homes do mesmo grupo de idades.
A maioría das persoas que viven por baixo do limiar da pobreza viven en dúas rexións: Asia meridional e África subsahariana.
As altas taxas de pobreza atópanse a miúdo nos países pequenos, vulnerables e afectados polos conflitos.
Un de cada catro nenos menores de cinco anos, en todo o mundo, ten unha estatura inadecuada para a súa idade.
En 2016, só o 45 por cento da poboación mundial estaba amparada efectivamente por un sistema de protección social con polo menos unha prestación en efectivo.
En 2017, as perdas económicas debidas a desastres, incluídos tres grandes furacáns nos Estados Unidos e o Caribe, estimáronse en máis de 300 mil millóns de dólares.

Comentarios