Sinopse Familia Mendoza

      Nesta reportaxe observanse as condicións nas que unha familia guatemalteca ten que saír adiante, esta familia é a familia Mendoza.

      A dita familia leva a cabo a súa vida na rexión maya de Chortí nunha zona pobre, tan pobre que os ingresos da familia son de menos de un euro ao día, a zona non está urbanizada e está próxima á fronteira con Honduras. Os habitantes de Chortí intentan emigrar en moitos casos aproiveitando a cercanía coa fronteira e tratando así de atopar unha mellor calidade de vida ou maiores oportunidades laborais, ao emigrar teñen que verse obligados a deixar atrás toda a súa vida anterior á emigración mantendo contacto coa súa familia só para enviarlles diñeiro para que estes non pasen fame.

      Os Mendoza sofren de forma notable as carencias económicas da zona, así como as carencias respecto ás infraestructuras ás que se enfrenta Chortí. É posible observalo en máis de unha ocasión durante o video en situacións como a severa desnutrición do pequeno dos Mendoza, que ao ser pesado nun centro de rehabilitación , o cal estaba nunha precaria situación, resultou pesar 9.4 kg mentres que o peso ideal dun neno de aproximadamente 3 anos son 15kg. Tan precaria é a situación que o 50% dos nenos de Guatemala sofren desnutrición e moitos deles acaban con retrasos mentales e outros desgraciadamente falecen.

       A rutina da xente que habita a rexión de Chortí non se parece en nada á rutina que pode levar un habitante de Londres ,Madrid, Los Ángeles ou, sin ser unha cidade grande, non se parece en nada á vida que pode levar un habitante de Narón. Levan unha vida moi dura é precaria pero tamén moi regular; traballan moi cedo, acuden a clases, aliméntanse como poden e acuden á igrexa a pedir desesperadamente a Dios axuda para saír da miseria.

       En conclusión , a vida da familia mostrada no video é moi dura e complicada xa que ademáis da pobreza extrema e os precarios medios dos que gozan, teñen que traballar duramente sen conseguir un salario que lles permita alimentar aos seus fillos, de esta forma a desnutrición , a precariedade e a despresión ataca constantemente á súa familia. 




Comentarios