COMENTARIO VIDEO CAMBOYA

     No ano 2014, unha blogueira viaxou a Camboya cun grupo de amigos co obxectivo de dar voz e de denunciar a situación na que viven alí as persoas, máis concretamente os traballadores de moitas multinacionais, entre elas H&M.

     A blogueira, Anniken Jorgensen, traballou xunto co seu grupo nas condicións de explotación nas que, durante o día a día, os traballadores e habitantes de Camboya se atopan. Algo que foi moi duro para eles e fíxolles darse de conta da mala situación na que vivían. Sen embargo, antes de coñecer á xente de alí e de ser conscientes do baixo salario que tiñan e da situación tan precaria na que vivían (cousa da que foron conscientes falando con eles e tamén intentando mercar comida co salario deles, cousa que non lles chegaba para nada) non eran conscientes da desgracia que en países como Camboya se vive.

      A experiencia que lles tocou vivir foi moi impactante, tanto que en entrevistas posteriores a blogueira chegou a afirmar que H&M lles prohibira dar o seu nome e que cando quixeron entrar nunha das suas fábricas coas cámaras, prohibíronllo para que non saíra no blog a explotación á que someten aos seus traballadores en países subdesenrolados.

      Finalmente, tras todos eses días en Camboya, un dos acompañantes de Anniken sentiuse tan mal por toda esa situación que chegou a tatuarse algo que lle recordase para sempre a súa experiencia e a blogueira estaba tan afectada que deixou de mercar ropa e loitou ata conseguir unha reunión con H&M acompañada por un periódico.

      En conclusión, eu penso que somos moi afortunados de vivir nunhas condición que defenden os nosos dereitos como persoas e temos que loitar por unha melloría da situación de países menos desenrolados.


Comentarios